Menu Xerais

Novidade: «Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos», de Ledicia Costas. Unha cuadrilla de nenos de ultratumba tentarán axudar ao cativo Catacrak a regresar ao mundo dos vivos

Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mar Villar, é unha novidade da colección Os Minimortos de Xerais.

Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete.

Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. Os Minimortos terán que empregar o seu enxeño para axudalo.

Conseguirán que Catacrak regrese á vida?

Comentarios pechados