Menu Xerais

Novidade: «Bichería», de Carlos López e Xan López Domínguez. Unha aventura bestial coa que poderás descubrir as cousas estrafalarias que lles aconteceron a moitos animais

Bichería, de Carlos López, con ilustracións de Xan López Domínguez, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais.

Un libro cheo de paxaros, insectos, peixes, réptiles, felinos e demais bichería con máis de corenta contos pequenos, pero grandes en humor e tenrura, nos que descubrirás as cousas estrafalarias que lles aconteceron a estes animais e mesmo a verdadeira orixe dalgúns deles.

Unha aventura bestial!

Comentarios pechados