Menu Xerais

Novidade: «Calendario Xerais 2018. Mulleres», de Pacheco

Calendario 2018. Mulleres, de Pacheco, é unha novidade anual de Xerais.

Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con 12 fotografías do fotógrafo Jaime de Sousa Guedes Pacheco. O legado fotográfico do Arquivo Pacheco é un prodixio. Ten ese don de ofrecernos a paisaxe urbana primixenia. Mais tamén un tempo e un xeito de vivir. O calendario inclúe un fermoso prólogo da escritora Ledicia Costas.

 

Comentarios pechados