Menu Xerais

Novidade: «Cociña galega tradicional», de Matilde Felpeto. Receitas, tradición, historía e evolución

O libro Cociña galega tradicional, subtitulado Receitas, tradición, historia e evolución, de Matilde Felpeto, é unha novidade de Xerais.

As receitas recollidas en Cociña galega tradicional pertencen ao legado culinario de Galicia. En cada caso relátase a historia do ingrediente principal do prato e as distintas maneiras de preparalo. Neste libro descríbese a elaboración da receita máis tradicional, pero tamén como foi concibida polos cociñeiros clásicos e a súa evolución ata a actualidade. Analízase a presenza das receitas nas obras dos escritores gastronómicos galegos, testemuñas fundamentais para coñecer a historia da nosa cociña, así como a opinión de ilustres gourmets sobre os pratos máis representativos da cociña galega.Preséntanse agrupadas seguindo a orde clásica de servizo na mesa: caldos e sopas, empanadas, vexetais, peixes e mariscos, carnes e sobremesas.Complétanse as receitas cunha información sobre produtos galegos de calidade: o pan, os queixos, os viños, as cervexas, as augas, os licores, as conservas e o mel.En “Cociña galega tradicional”, a autora rebusca na súa memoria gastronómica para rememorar a cociña e as receitas da súa vida. Na narración conflúen a historia, a cultura e o pracer coa intención de que, despois de ler as receitas aquí descritas, os lectores reflexionen e miren dun xeito diferente o prato que van degustar.

Comentarios pechados