Menu Xerais

Novidade: «Contra a morte das linguas. O caso do galego», de Miguel Moreira Barbeito

Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, é unha novidade da colección Crónica.

Baixo o provocativo título Contra a morte das linguas. O caso do galego preséntase unha perspectiva anovadora para a interpretación de dúas realidades interdependentes: a diminución da diversidade lingüística, no nivel planetario, e a situación do galego, no nivel local. Este ensaio supón unha aproximación ecolóxica ao proceso de morte de linguas mediante o emprego dun modelo metodolóxico que vai do xeral ao particular, alén de facer fincapé en cuestións fundamentais como o concepto de dereito lingüístico ou os procesos de normalización. A pesar de este eido da sociolingüística ser considerado tradicionalmente como pesimista, Miguel Moreira Barbeito enmarca a obra na liña do entusiasmo comprometido e de liberación. Trátase dunha proposta de análise en chave positiva que desbota as visións catastrofistas e que pretende, neste momento crítico, tirar proveito dos argumentos que sinalan unha alternativa de futuro para as linguas minorizadas nos innúmeros contextos de conflito lingüístico.

Comentarios pechados