Menu Xerais

Novidade: «Elefante», de Manuel Darriba. Relatos sobre lugares que se resisten á escritura

O libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba, é unha novidade de Xerais Narrativa.

Relatos sobre mundos que integran un mundo poliédrico. Lugares que se resisten á escritura. As percepcións comparecen distorsionadas, fóra do refuxio da certeza. Manuel Darriba reivindica a etiqueta de «escritor transxénero». A súa narrativa está infiltrada de elementos poéticos. A súa poesía incorpora elementos narrativos. O autor segue a desenvolver un programa artístico propio, conducindo o discurso por camiños pouco explorados.

Comentarios pechados