Menu Xerais

Novidade infantil: «Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros», de María Xosé Queizán. Unha biografía para as nenas e nenos

Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros, de María Xosé Queizán, é unha das novidades infantís da colección Sopa de Libros.

«Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. Le todo o que encontra, incluso os papeis de envolver as pedras de azucre…» María Xosé Queizán convídanos a percorrer a época en que viviu Pardo Bazán e achéganos a súa vida e obra dunha maneira sinxela e entretida. O volume inclúe unha cronoloxía e unha escolma de textos que completan a biografía da gran narradora e pensadora galega.

Comentarios pechados