Menu Xerais

Novidade: «O Chispas», de Manuel Rivas e Sonia García. A divertida historia dun músico chamado Chispas ao que lle gustaría ser un artista cósmico

O Chispas, de Manuel Rivas, con ilustracións de Sonia García, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais.

O Chispas é músico. A el gustaríalle ser un artista cósmico, pero aos ollos da xente non é máis ca un simple cómico. Até que o poder da Fonte da Fala lles imprime forza ás súas cancións e se converte nunha estrela de rock. Unha noite, cando regresa dunha actuación na súa moto, uns seres extraordinarios cégano cunha potente luz e esperta en Mutandi, un planeta gobernado polos cracks, que fabrican a realidade e se rexen por modas. E agora a moda é o Chispas. Un músico cósmico!

Comentarios pechados