Menu Xerais

Novidade: «O mundo máxico de Lía», de Eduardo Santiago. Lía e Glok, un trasno imaxinario, emprenden unha aventura fantástica por un mundo máxico, soterrado baixo a cidade de Pontevedra

O mundo máxico de Lía, de Eduardo Santiago, con ilustracións de Marcos Calo, é unha novidade da colección Merlín de Xerais.

Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o contrario, sobre todo o pai, que se burla dela porque se nega a falar.

Unha noite, Lía foxe da casa e agóchase detrás duns arbustos esquivando a persecución do seu pai.

Na compañía de Glok, un trasno imaxinario, emprende unha aventura fantástica por un mundo máxico, soterrado baixo a cidade de Pontevedra.

Lía non ten medo, é unha nena valente, disposta a enfrontarse ao que faga falta para volver xunto á súa nai, aínda que sexa o malvado líder dos homes rata.

Comentarios pechados