Menu Xerais

Novidade: «O país adormentado», de Xabier P. DoCampo. Renunciar ou loitar?

O país adormentado, de Xabier P. DoCampo, é unha das novidades de Fóra de Xoga para este verán.

No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emprenderá un camiño novo para reunirse con Val e as súas xentes, que pretenden liberar o país daquela pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir. Aurora e Val non renunciarán a vivir e non queren que ninguén escriba por eles o seu destino nin a súa historia. As duras batallas que librarán terán como obxectivo a recuperación da memoria e da identidade de Glearim como pobo.

Deixa un comentario!