Menu Xerais

Novidade: «O polbo e a súa cociña», de Matilde Felpeto Lago. Da receita máis tradicional á máis contemporánea

O polbo e a súa cociña, de Matilde Felpeto Lago é unha novidade da colección LIBROX.

Este libro é unha viaxe pola xeografía, historia, literatura e gastronomía do polbo. Logo dunha breve visita a estas disciplinas, a autora describe 67 receitas para cociñar o cefalópodo. A maioría proceden dunha cociña familiar atlántico-mediterránea. Hai algunha incursión noutras cociñas, como a oriental, e nunha cociña que poderiamos denominar moderna ou actual. En calquera caso, todas as receitas poden ser elaboradas con facilidade por calquera persoa, aínda que non sexa experta en cociña.

Comentarios pechados