Menu Xerais

Novidade: «O retorno dos homes mariños», de Xurxo Souto: Unha novela que rescata un esquecido mito coruñés sobre homes mariños

O retorno dos homes mariños, de Xurxo Souto, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais.

Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, por semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños.» Tal escribiu Jerónimo del Hoyo, cóengo da Catedral de Santiago, tras visitar A Coruña no século XVII.

A señora Laura, a sabia do mar, sabe todo o que se pode saber dos homes mariños. E Mercedes, que tamén é a protagonista da novela «A gran travesía de Chiruca Macallás», traballa nun taller téxtil. É «heavy» e soña con marchar polo mundo co seu conxunto musical. Cada noite, no taller, máis forte que o boureo das máquinas, sente unha voz que a chama: a canción do mar do Orzán.

Comentarios pechados