Menu Xerais

Novidade: «O trompetista e a Lúa», de Xelís de Toro. Unha nova banda de música está en marcha!

O trompetista e a Lúa, de Xelís de Toro, é unha novidade da colección Sopa de Libros. O libro está ilustrado por María Lires.

A cidade enteira estaba patas arriba. Todos os músicos e aspirantes a músicos andaban atarefados. Axiña se ía formar a nova banda de música. Os aspirantes practicaban sen parar cos seus instrumentos. Evaristo, o xeadeiro, sopraba con ilusión a súa trompeta. Pero que mal soaba! Estaba claro que precisaba axuda.

 

Comentarios pechados