Menu Xerais

Novidade: « Orestes perde o sentido!», de Rosa Aneiros. Unha disparatada carreira polas rúas dunha cidade estrepitosa para chegar ao castelo do rei Koopa


Orestes perde o sentido!,
de Rosa Aneiros, ilustrado por Kiko Da Silva, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais.

Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño.

A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúas dunha cidade estrepitosa, onde vai ter que lidar coas normas de circulación viaria se quere chegar vivo á meta.

Comentarios pechados