Menu Xerais

Novidade: «Palabras de Opoton o vello», de Avel·lí Artís-Gener. Unha novela chea de humor sobre a liberdade dos pobos e a convivencia das culturas

Palabras de Opoton o vello, de Avel·lí Artís-Gener, con tradución de Eduard del Castillo Velasco, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais.

A novela Palabras de Opoton o Vello, de Avel·lí Artís-Gener está considerada unha obra de referencia da literatura catalá do século XX. Ambientada en Galicia, o autor quixo darlle a volta á historia nunha ficción na cal seis canoas aztecas parten de México no ano 1498 en dirección a Galicia para descubriren o novo mundo. Situada cronoloxicamente pouco antes do xenocidio de América, a novela fabula desde a ollada inocente ou desconfiada con que os aztecas observan e interpretan a vida e os costumes galegos de finais da Idade Media.Denunciando o feito de que un pobo se poida erixir en conquistador e dominador doutro, Avel·lí Artís-Gener parte do coñecemento das linguas propias de México, como o náhuatl, para realizar un xogo de espellos que fascina nunha novela chea de humor, magnificamente traducida por Eduard Velasco, e que supón unha férrea defensa da liberdade dos pobos e da convivencia das culturas.

Comentarios pechados