Menu Xerais

Novidade: «Patio de luces», de Érica Esmorís e Juan Berrio. Lea imaxina como será a vida dos veciños dun edificio mentres observa dende o patio de luces a roupa dos tendais

Patio de luces, de Érica Esmorís, con ilustracións de Juan Berrio, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. O libro gañou o Premio de Literatura Infantil Cidade de Málaga, 2020.

Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír.

En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae ao patio para observar a roupa dos tendais e imaxinar como será a vida deses veciños aos que nunca viu.

Serán tal e como Lea os imaxina?

Comentarios pechados