Menu Xerais

Novidade: «Penumbra», de Daniel Landesa. A desaparición de Bryn avisa da sombra que ameaza a convivencia entre os cinco territorios do Sol

Penumbra, de Daniel Landesa, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais.

A desaparición de Bryn, unha das sentinelas do muro de entullo que protexe Terra de Sol do escuro reino de Penumbra, pon de manifesto a sombra que ameaza a convivencia entre os cinco territorios de Sol: Desértica, Montaña de Xeo, Cavernas de Sombra, Terra de Sur e Illa Dourada.

Ashlyn, a pequena irmá da sentinela desaparecida, é quen avisa as cinco terras do perigo e, ademais, quen guía a expedición na procura de Bryn a través das terras áridas de Desértica.

Mentres, Penumbra maniféstase na terrorífica sombra que intenta darlles caza.

Comentarios pechados