Menu Xerais

Novidade: «Plan de rescate», de Antía Yáñez. Unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e mesmo algo de amor

Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2019.

Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra?

Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).

Comentarios pechados