Menu Xerais

Novidade: « Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso», de Héctor Cajaraville. Unha achega literaria a unha das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego

Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso, de Héctor Cajaraville, é unha novidade da colección Merlín de Xerais.

Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso.

É o responsable da primeira gramática do galego elaborada cunha base científica sólida e da primeira historia da literatura galega contemporánea, ademais de ser o primeiro profesor en ocupar a cátedra universitaria de Lingüística e Literatura galegas.

Un auténtico pioneiro e un incansable defensor (e tamén construtor) da nosa identidade como comunidade, como pobo, como país.

A Ricardo Carvalho Calero dedícaselle o Día das Letras Galegas 2020.

Comentarios pechados