Menu Xerais

Novidade: «Street Poems», de Fran Alonso. Disparos de graffiti na procura de espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía

Street Poems, de Fran Alonso, é unha novidade da colección Sopa de Libros.

Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da “street art”. Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na rúa, un libro que procura espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía. Os poemas de “Street Poems”, volven mostrarnos un autor atrevido, capaz de actualizar e sacudir o lectorado de poesía infantil e xuvenil.

Deixa un comentario!