Menu Xerais

Novidade: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. Aos mortos non hai que terlles medo!

Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra, é unha novidade de Xerais en álbum ilustrado.

Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín. Pequenos e grandes disfrázanse, xogan, bailan e contan contos ata ben entrada a noite, e malia os fantasmas, as bruxas e a Santa Compaña, ninguén se asusta porque, como di a avoa Pilar, «aos mortos non hai que terlles medo; cos vivos xa é outro cantar».

Comentarios pechados