Menu Xerais

Novidade:«Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Episodios estarrecedores na II Guerra Mundial

Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, é unha novidade da colección Narrativa.

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.Un animal chamado néboa é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque USS Indianapolis, os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do Enola Gay forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.

Deixa un comentario!