Menu Xerais

Novos libros de texto para 2012/13 de «Educación para a Cidadanía» de 2º e 4º de ESO, adaptados ao novo curriculum

Edicións Xerais de Galicia está finalizando as novas edicións dos seus libros de textopara as materias de Educación para a Cidadanía de 2º de ESO e Ética e Educacn para a Cidadanía de 4º de ESO, adaptados ás recentes modificacións do curriculum de ensinanzas mínimas, aprobado no Consello Sectorial de Educación do pasado 24 de maio.

Como os publicados en 2008, preparados por un equipo de profesorado galego formado por  Xesús E.García, Eva Garea Traba, Mercedes Oliveira Malvar, Ricardo Rodríguez e Miguel Vázquez Freire, estes materiais (libro do alumnado e proposta didáctica e recursos para o profesorado) estarán dispoñibles nas librarías antes do 1 de setembro de 2012 para poder ser utilizados nas aulas no curso 2012/2013.

O libro do alumnado de Educación para a Cidadanía de 2º de ESO estrúturase en catro bloques, seguindo as disposicións do novo curriculum:

  • Bloque 1: Na familia e cos amigos e amigas (corresponde ao bloque 2 do currículum «Relacións interpersoais e participación»).
  • Bloque 2: Temos dereitos, temos deberes (corresponde ao bloque 3 «Deberes e dereitos cidadáns»).
  • Bloque 3: Somos cidadáns, somos cidadás (corresponde ao bloque 4 «As sociedades democráticas do século XXI»).
  • Bloque 4: Cidadáns e cidadás do mundo (corresponde ao bloque 5 «Cidadanía nun mundo global»).

Cada un dos bloques está organizado en unidades (16 en total), nas que se desenvolve unha secuencia de textos expositivos, actividades iniciais e para a reflexión.

Pola súa banda, o libro do alumnado de Ética e Educación para a Cidadanía de 4º de ESO estrúturase en cinco bloques, seguindo as disposicións do novo curriculum:

  • Bloque 1: Ollándome nos outros (corresponde ao bloque 2 do currículum «Identidade e alteridade»).
  • Bloque 2: Teorías éticas (corresponde ao bloque 3  «Teorías, os dereitos humanos»).
  • Bloque 3: Ser cidadán, ser cidadá (corresponde ao bloque 4 «Ética e política. A democracia. Os valores constitucionais»).
  • Bloque 4: Mulleres e homes somos iguais (corresponde ao bloque 6 «A igualdade entre homes e mulleres»).
  • Bloque 5: Un mundo mellor é posible (corresponde ao bloque 5 «Problemas no mundo actual»).

Cada un dos bloques está organizado en unidades (16 en total), nas que se desenvolve unha secuencia de textos expositivos, actividades iniciais e para a reflexión.

Ao longo do mes de xuño, iremos publicando no blog novos avances sobre a edición destes materiais didácticos.

Comentarios pechados