Menu Xerais

«O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos, na sección «Un libro para cada día»

A Nosa Terra dedica a súa sección Un libro para cada día a O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos. Reproducímolo integramente:

Os desastres de guerra, por Xesús Manuel Marcos

Xesús Manuel Marcos viaxa á guerra da antiga Iugoslavia no seu último libro, ‘O bebedor de rakia’, crónica das vivencias persoais dos soldados galegos nos Balcáns, que publica Xerais.

O bebedor de rakia é unha novela de guerra que non aforra pinga de sufrimento nin de angustia para relatarnos uns feitos reais e próximos no tempo que por veces descarnan os dedos que pasan as páxinas.

Alberte é un ex soldado que participou na guerra de Bosnia. Agora encóntrase nun apuro grave, sentado nun alxube, con tempo para rememorar a súa etapa militar. Un tempo de horror, de brutal lembranza, de alcol para enchoupar e afogar eses recordos que lle estarrecen o corpo.

Xesús Manuel Marcos opta por unha narrativa complexa na súa análise pero tan directa coma unha crónica persoal que fan dubidar, no fragor da historia, se realmente non estamos co fociño apegado á sucidade dunha guerra.

Comentarios pechados