Menu Xerais

«O best seller como elemento normalizador dun sistema literario en crise»: conferencia de Pedro Feijoo en Barcelona

O escritor Pedro Feijoo, autor de Os fillos do mar, impartirá unha conferencia en Barcelona  baixo o título O best seller como elemento normalizador dun sistema literario en crise. O acto terá lugar o mércores 12 de decembro, ás 11:30 horas, na Sala de Professors (Edifici Josep Carner, andar 5) da Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona (Carrer Aribau, 2), e está organizada por Estudis Gallecs i Portuguesos.

 

Pedro Feijoo (Vigo, 1975), filólogo de formación, exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá.
Como ensaísta publicou Cousas do «Galicia», por Castelao (1997) e Viva o Fu Remol! (2005), neste último fai un repaso pola historia da música pop en Galicia e permítenos adentrarnos tamén no mundo do rock and roll.
En 2011 publicou o relato “O segredo do viaduto” no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos e, nese mesmo ano, foi finalista do Premio Xerais pola súa primeira novela, Os fillos do mar (2012). Publicada hai seis meses, xa converteu o autor no escritor revelación do ano en Galicia
Mércores, 12 de decembro de 2012 ás 11:30
Sala de Professors, Edifici Josep Carner, planta 5
Facultat de Filologia – Universitat de Barcelona
c/ Aribau 2 – 08007 Barcelona

Deixa un comentario!