Menu Xerais

O blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda «Ceiba de Luz», de Manuel Lourenzo González

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a novela Ceiba de Luz, de Manuel Lourenzo González, Premio Jules Verne 2017.

«Ceiba de luz», de Manuel Lourenzo González

O premio Jules Verne 2017  acadouno o escritor Manuel Lourenzo coa novela Ceiba de Luz.
Publicada en Xerais, Ceiba de luz é un achado de aventuras, de filosofía, dos mundos que xiran da man de dezaoito mozos e mozas científicos que parten na procura dun tesouro: a propia orixe, a identidade mesma, oouro agochado na selva amazónica.
Dirixida  a un lectorado xuvenil, a lectura de  Ceiba de luz ben pode ser unha proposta a ter en conta nos clubs de lectura dos nosos institutos.

Unha figura humana da arte indíxena da América precolombina e un narrador experimentado condúcennos nunha expedición ao corazón mesmo do Perú , a unha antiga civilización e a moitos segredos.

Comentarios pechados