Menu Xerais

O blog «Rede Lectura» recomenda a obra teatral «A soidade do asasino», de Carlos Reigosa

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a obra teatral A soidade do asasino, de Carlos Reigosa.

 

Unha proposta teatral: «A soidade do asasino», de Carlos G. Reigosa

A editorial Xerais vén de publicar na colección Fóra de xogo a peza teatral A soidade do asasino de Carlos G. Reigosa.

A obra está centrada na dialéctica entre un asasino e a súa vítima, que durante o tempo que dura a obra teiman sobre a conveniencia ou non do asasinato, rematando dun xeito inesperado para o lector.

Destinada para lectores a partir dos 15 anos (xuvenil) onde non abundan as propostas teatrais. Ben sexa para unha lectura compartida ou para a súa representación, é un título que debe ser tido en conta para os recursos da biblioteca escolar de Secundaria.

Deixa un comentario!