Menu Xerais

O CEIP A Maia ponlle o nome de Agustín Fernández Paz á súa biblioteca

O CEIP A Maia, de Bertamiráns, Ames decidiu, hai uns meses, poñerlle o nome de Agustín Fernández Paz á súa biblioteca. Segundo se asegura no blog da biblioteca, «a nosa Biblioteca leva o nome  do escritor Agustín Fernández Paz que nos honrou varias veces coa súa presenza e amabilidade e que nos agasallou adicándonos esta frase que está escrita ao logo da parede, en lembranza das paredes das cavernas onde os primeiros seres humanos comezaron a representación  das súas ideas, sentimentos e visións do mundo que os rodeaba. Daquela usábase un facho encendido para iluminarse, e agora, como dí Agustín, as Bibliotecas están a ser un faro que proxecta a luz da cultura expandindo ondas de imaxinación e liberdade polo mundo.

Comentarios pechados