Menu Xerais

O CPI Progreso de Catoira recomenda «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

O blog dos Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística do CPI Progreso de Catoira recomendaron para este curso escolar libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón.

Comezamos as nosas recomendacións lectoras!

Neste curso é Armando Requeixo o encargado de inaugurar a xeira de recomendacións

“Quero recomendar a toda a comunidade educativa a lectura do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, do ensaísta Carlos Callón, actual presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

            Nesta obra —publicada hai pouco por Edicións Xerais de Galicia— atoparedes un manual moi práctico que proporciona informacións sobre disposicións legais respecto do uso da nosa lingua e, ao tempo, reflexiona e dá consellos sobre como actuar nun cento de situacións comunicativas problemáticas, que poden xurdir no día a día de calquera galegofalante habitual.
            Aínda que todos os capítulos do libro son moi interesantes e útiles, aconséllovos que non deixedes sen ler o dedicado a “O galego no ensino”, pois coido que poderá ser de gran proveito para informarse dos dereitos que como galegofalantes nos asisten e para saber como proceder se nalgún momento sentimos que estes non son respectados.”

            ¡Que teñades boa lectura!

Comentarios pechados