Menu Xerais

O «Dicionario Xurídico Galego», unha ferramenta útil e ambiciosa. Crítica de Xosé Feixó

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha recensión crítica de Xosé Feixó sobre  o Dicionario Xurídico Galego, coordinado por Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado.

 

Útil servizo

Extenso e ambicioso

Coordinado polos maxistrados Luciano Varela e Xosé Xoán Barreiro,publica Xerais o Dicionario Xurídico Galego, elaborado co obxectivo de dotarnos dun volume informativo e ilustrativo que recolle de forma sistematizada as voces e expresións máis empregadas no Dereito, coa vocación de prestar un servizo útil tanto para os profesionais do ramo como para os cidadáns en xeral,e máis se temos en conta que recolle o dereito foral galego,que atinxe a campos tan próximos como a herdanza ou os montes comunais. O resultado é excelente,extenso e ambicioso.Parabéns, pois, polo alto valor do produto ofrecido.

Nun obra deste calibre, porén, é desculpable que, artigos como“interdición da arbitrariedade” e “principio de interdición da arbitrariedade dos poderes públicos”,  que  son a mesma cousa, aparezan, redactados de distinta forma e por distintos especialistas, e tamén a existencia de nimios erros ortográficos ou de tradución.Sería preferible, así  mesmo, que se distinguise  n as entradas iguais, sobre todo se cadran en páxina distinta (como lexítima).

Fóra de lugar está que ao mesmo nivel aparezan a “Relación  de autores das voces” e  a “Revisión  linguística”. Ao  carro da gloria dos autores non deben subir persoas alleas á autoría. O seu lugar é outro, menos ostentoso,  máis humilde, con perdón.

Xosé Feixó

 

Deixa un comentario!