Menu Xerais

«O rastro que deixamos», «Cartas de inverno» e «O corazón de Xúpiter», galardoados nos Premios da Edición

O pasado venres falláronse en Vigo os Premios da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores, pretenden recoñecer e distinguir a excelencia do traballo editorial realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2012 en Galicia. Tanto Manuel Bragado, presidente da AGE, como diversos medios de comunicación deron conta da noticia.

Logo dunha primeira fase, na que os libros son propostos e votados polos editores/as, pasan a mans dun xurado, que nesta ocasión estivo composto por Xaime Nogueira, Montse Pena Presas, Concha Costas, Paz Raña Lama e Laura Caveiro. O Premio Xosé María Álvarez Blázquez para o autor ou autora do ano foille concedido a Fina Casalderrey. Ademais, tres libros publicados por Xerais foron recoñecidos polo xurado:
Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción: O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz.
Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado: Cartas de inverno, ilustrado por Antonio Seijas.
Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil: O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.

 

 

Comentarios pechados