Menu Xerais

O escritor Francisco Coimbra estará o xoves 29 na Casa da Lectura de Gondomar con «Crónica Córnica»

O escritor  Francisco Coimbra estará próximo o xoves 29 de xuño na Casa da Lectura, en Gondomar, coa súa novela  Crónica Córnica, participando no Club de Lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A novela «Crónica Córnica», última proposta da tempada no Sete Vidas que contará coa visita do autor

A sesión de xuño do club de lectura Sete Vidas non será o primeiro xoves de mes, como é adoito, senón o día 29 de xuño, na Casa da Lectura, a partir das 20:00 h. A razón deste cambio é poder contar coa presenza do autor na sesión coa despedimos esta tempada.
Francisco Coimbra, nado en Madrid e galego por adopción, pasou varias tempadas en Compostela e Ourense durante os anos que estudou Filoloxía Románica. Nestes momentos traballa no Brasil como profesor no Departamento de Linguas Estranxeiras Modernas na Universidade Federal do Paraná.
A súa obra Crónica Córnica, finalista do Premio Xerais 2016, é unha novela sobre a identidade e a represión lingüística, sorprendente e orixinal, que manifesta moito amor polas palabras e as linguas en cada páxina, protagonizada por un personaxe colectivo e contada con doses de humor e moita retranca.

Comentarios pechados