Menu Xerais

«O espello do mundo», «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, «Escarlatina, a pequena defunta» e «Historia das historias de Galicia», libros máis vendidos

Mantéñense os títulos que xa foron máis vendidos a comezos do verán, nesta nova entrega do Taboeiro do Libro galego, realizado por Ramón Nicolás que recolle a listaxe dos libros máis vendidos durante os meses de agosto e setembro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas.

O espello do mundo de Ramón Nicolás é, canda outros dous, o libro máis vendido no ámbito de Narrativa. No apartado Xuvenil encabeza o listado Ledicia Costas, con Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, que repite no apartado infantil con Esmeraldina, a pequena defunta, de, o máis vendido en literatura infantil. No ámbito do Ensaio, o libro máis vendido é Historia das historias de Galicia, coordinado por Isidro Dubert.

Aquí pode consultarse o Taboleiro dos libros máis vendidos, no que tamén figuran outros moitos libros de Xerais.

Comentarios pechados