Menu Xerais

O Garaxe Hermético e Xerais convocan o 2º concurso de banda deseñada. Noticia nos medios

A escola O Garaxe Hermético e Xerais convocan o 2º concurso de banda deseñada dirixido ao alumnado da escola convocante que presente traballos en lingua galega. O/a gañador/a obterá un contrato profesional e verá publicada a súa obra na colección Merlín Cómics de Xerais.

Os traballos deben estar dirixidos específicamente ao público infantil e xuvenil, deben axustarse a unha serie de parámetros: entre 48 e 72 páxinas e presentados baixo o sistema de plica (con lema e pseudónimo), entre outras cousas.

Os orixinais deberán enviarse á dirección do Garaxe Hermético, na rúa Alvaro Cunqueiro, número 4, baixo, en Pontevedra (código postal 36002). No sobre debe indicarse que se dirixe ao II Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada. A data límite de recepción de obras remata o 30 de novembro de 2020. As bases do concurso poden descargarse nesta ligazón

 

A noticia foi recollida por distintos medios de comunicación:

Concurso de banda deseñada El Correo Gallego

– Concurso de banda deseñada Diario de Pontevedra

Concurso de banda deseñada La Voz de Galicia

 

 

 

 

Comentarios pechados