Menu Xerais

O itinerario vigués de «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo. No suplemento dominical de Faro de Vigo

O suplemento dominical de Faro de Vigo publicou catro páxinas dedicadas ao intinerario vigués que realizan os personaxes da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo.

O xornalista Salvador Rodríguez traza un itinerario de 10 puntos que comeza no Sireno de Leiro, continúa pola baixada ao Forte, detense no Bar Lobo de Mar, avanza ata o antigo Hotel Universal, viaxa ás Cíes, Ons e ao Buraco do Inferno, regresa á Casa Yáñez, en plena Praza de Compostela, visita o Edificio Albo, rememora ca cafetería Goya para rematar no Hotel Moderno e, finalmente, nas Praias de Canido.

Ao longo de dez puntos comentados, o lector de Os fillos do mar. pode realizar unha significativa viaxe pola xeografía viguesa ao tempo que goza da lectura dun libro trepidante, que engancha ao lector.

A novela do ex-músico de Lamatumbá continúa, desde a súa aparición, encabezando a lista dos libros máis vendidos.

Neste enlace, pode descargarse a reportaxe completa de Salvador Rodríguez sobre os itinerarios vigueses da novela, así como os resultados da conversa que o xornalista vigués mantivo co autor de Os fillos do mar.

Pedro Feijoo, vigués, naceu en 1975, ten formación filolóxica e a súa traxectoria máis coñecida sitúase no ámbito da música. Coa novela Os fillos do mar, a primeira que escribe, foi finalista do Premio Xerais 2011.

Descargar os itinearios pola cidade de Faro de Vigo.

Deixa un comentario!