Menu Xerais

«O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, novidade do mes de marzo

O libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, acompañado dun CD con música de Xurxo Souto e poemas recitados por Fran Alonso, integramente ilustrado e deseñado polo propio autor a partir de caracteres tipográficos, é unha das novidades do mes de marzo na colección Sopa de Libros.

A través dos enredos dun gato poeta, descubrimos outro xeito de ollar a poesía: como algo lúdico, divertido, desmitificado. O meu gato é un poeta ten moito de xogo, de obradoiro; e bota man dos máis diversos tipos de poesía, incluíndo caligramas, xogos de palabras, poesía visual, narración, interacción, música… ao tempo que procura a interlocución coas novas tecnoloxías. O libro prolóngase na web para definir desde alí novos espazos máis alá do papel. Unha aposta fresca, atrevida e lúdica para entender e gozar a poesía.

Comentarios pechados