Menu Xerais

«O meu gato é un poeta», de Fran Alonso: Poesía dos gatos para os nenos

O Xornal de Galicia publicou esta pasada fin de semana unha información asinada por A. M. sobre o libro O meu gato é un poeta de Fran Alonso. Reproducímola a continuación:

Poesía dos gatos para os nenos

O meu gato é un poeta é un libro ideado como se fose un xogo ou un obradoiro, que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. O volume bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida.

O texto de Fran Alonso vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplía ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia: www.gatopoeta.net, na que o lector poderá atopar moitos extras.

A. M.

Comentarios pechados