Menu Xerais

«O misterio das baladadas», de Xabier P. DoCampo, novidade do mes de marzo

O libro O misterio das baladadas, de Xabier P. DoCampo, é unha das novidades do mes de marzo na colección Merlín. Trátase do primeiro libro publicado por Xabier P. Docampo (1986) e co que este autor se deu a coñecer, obra que aogra Xerais recupera para o s lectores e lectoras. Está ilustrado por Xosé Cobas.

No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres…, dez, once… Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.

Comentarios pechados