Menu Xerais

«O país adormentado», de Xabier P. DoCampo: opinión dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobre O país adormentado, de Xabier P. DoCampo.

 

Comentario de Uxía Mosquera Castro
O libro foi moi interesante, e gustoume moito xa que relaciona a fantasía coa realidade. Gustoume que o tema fora o medo, a forma na que o autor o intentou expresar foi moi boa. Ao principio resultoume aburrido…pero cando Val se atopou con Aurora comezou a engancharme e non podía deixar de lelo. Chamoume a atención como defendía o seu país e o  medo a morrer, cando todos ao fin e ao cabo imos morrer. Recoméndollo a calquer persoa, de todas as idades porque é un libro moi bonito e enganchadizo.

O país adormentado

Comentario de María Framiñán

Eu sinceramente non comprendín moitas cousas do libro; unha cousa que me intrigou foi o dos nomes.
Algo que me chamou a atencion neste libro cando o tiven nas mans para lelo é o título do libro que non me esperaba que ía ser unha historia tan entretida e fascinante. A personaxe que máis me gustou foi Aurora.

O país adormentado

Comentario de Sonia Framiñán González

A historia gustoume, non algo fóra do normal, pero pareceume bonita. En certo modo, eu penso que tamén leva un tipo de ensinanza, que quere facernos ver que dalgún modo nós tamén estamos sempre durmindo, que non vivimos como deberiamos facelo.
O final sorprendeume un pouco, xa que non me esperaba que aparecese un dragón.
En definitiva, a min gustoume a pesar de que as historias fantásticas non adoitan divertirme moito.

O país adormentado

Comentario de Lucrecia Balagué Blanco

O libro gustoume moito aínda que me custa entendelo e tiven que volver a lelo. Aurora encántame, xa que grazas a ela e a Prata, Neve, Val e o resto conseguiron desfacer o conxuro, no que todos os habitantes deste país estaban durmindo por mor de morrer. Dáme moitísima pena cando o vello sabio e Val morre e Aurora vese soa para desfacer o conxuro, así que tívolle que trocar a copa polo libro ao dragón que se atopaba na cova, cando llo trocou buscou o conxuro para desfacelo. Gustoume moito o colgante que lle regalou.
Cando acabei de ler este libro gustoume tanto que me está empezando a gustar a ler en galego.

Comentario de Andrés Salgueiro

Este é un libro lgo raro pola historia que ten, pero é moi interesante. A parte que máis me gusta é na que espertan o país Val, Aurora e os seus amigos e a parte na que pelexan de barco a barco.
O libro é moi entretido sobre todo porque ten unha historia rara e que se ve en poucos libros.

O país adormentado

Comentario de Aroa Espiño González

Gustoume o libro porque o argumento é moi elaborado. Aurora é a miña personaxe favorita porque escapa de ser secuestrada e gústame a súa forma de ser e de intervir na historia. O libro é moi entretido e divertido e enganchoume.

O país adormentado

Comentario de Alba Camanzo

A min este libro de momento foi un dos que máis me gustou dos que mandaron ler xa que este tipo de historias son as que máis me gustan pero aínda así deume pena a xente que morreu, e non me gustou que a un dos personaxes lle cortaran a cabeza pero aínda así conseguín engancharme ao libro e gustariame que os demais libros fosen deste estilo.

O país adormentado

Comentario de Andrés Salgueiro

É un libro interesante e entretido que me gustou pero o comezo é un pouco “coñazo”. Para min cando realmente se puxo interesante foi cando comezaron a loitar nos barcos. Eu non esperaba a morte de Neve, decateime tamén no valor que supón loitar pola causa de espertar os habitantes. Recomendo este libro.

O país adormentado

Comentario de Ángela Silva Varela

Gustoume moito o libro e coa súa lectura interpretei que quere defender o galego e o país, pareceume moi interesante tamén polo comportamento de Aurora.

O país adormentado

Comentario de Laura Presas Mato

Narra a historia de dous homes que van en busca dunha rapaza chamada Aurora, porque resulta que esta garda un segredo que pouca xente coñece. Describo este libro como distinto, para min foi entretido, aínda que me parece unha parvada que a xente estea durmindo para non morrer, a ver, morrer, mórrese de calquera modo. A parte diso gustoume, é un libro entretido que conta as aventuras que lle ocorren a Aurora para reunir ós Sabuchalar que existen.

O país adormentado

Comentario de Andrea Fernández Ramos

Pareceume un libro moi entretido e fácil de ler. Gustoume moito o carácter de Aurora e a súa valentía. Creo que o pobo durmido representa  ao galego, que se está perdendo, e diría que Aurora representa ás persoas que queremos salvalo, espertar ese pobo durmido.

O país adormentado

Comentario de Julián Gómez Villamayor

Este libro fíxome reflexionar porque de nada vale vivir eternamente se pasas a vida durmindo porque realmente estás “morto”. O tempo que se vive debe de ser aproveitado porque non se sabe se haberá mañá. De que lle valía ao país de Glearim tratar de durmir o máximo posible para poder vivir para sempre? A pasividade non soluciona nada, a vida hai que afrontala co que toque vivir. Gustoume o decidida que foi Aurora e as aventuras que viviu para poder devolverlle a vida a Glearim.

O país adormentado

Comentario de Alberto García Fernández
Este é un libro moi interesante, que me gustou moito a pesar de que ao comezo non o entendía moi ben.
A loita de Aurora, Val e todos os seus amigos por espertar aos habitantes de Glearim e recuperar a súa vida normal é a parte onde comeza a interesarme o libro. Dende ese punto éntrame a intriga de se seguirán vencendo, e que pasará ao xuntar todos os “Sebulachar”, anque ao final non me gusta como resolve o tema dos libros.
O do dragón non me gustou nada, e cando ao vello lle cortan a cabeza e segue vivo tamen é pouco crible.
  En xeral gustoume e recoméndollo a calquera, é fácil de ler e moi entretido.

O país adormentado

Comentario de David Núñez Ouzande

O libro paréceme especial, e gústame moito, é moi interesante e especial polo feito de que a xente de Clearin durme porque teñen medo de que  cando  están espertos poidan morrer. Foi entretido lelo, ao principio cando comecei a lelo xa me gustou aínda que nalgunhas páxinas me parecese un pouco aburrido. Pero aínda así recómendolle ler este libro a calquer persoa porque é moi interesante.

O país adormentado

Comentario de Patricia Lázara Framiñán

Este libro gustoume aínda que ao principio resultaba algo aburrido. O que máis me gustou foi a forma na que Xabier P. DoCampo describe a valentía de Aurora e dos pobos. Tamén me gustou a “historia de amor” entre Aurora e Val, aínda que non a conte. Pareceume moi boa idea xuntar a realidade e a fantasía para contar esta historia. Algo que non me esperaba era a axuda da xente que estaba esperta nos pobos, coma por exemplo Pansel,  que confiaron en Aurora sen saber se era certa toda a historia que contaba. Gustaríame ler outro libro coma este.

O país adormentado

Comentario de Martina Domínguez

Se tivese que definir este libro cunha palabra, sería: diferente, diferente aos libros que estou acustamada e me gusta ler.
A verdade, non entendín moi ben o que quería dicir o autor. A medida que fun lendo, si, comprendía a historia pero supoño que detrás desta había unha metáfora que eu non chego a atopar. A pesar disto entretívenme léndoo.
Ao principio custábame seguir o libro e non me enganchou nada e o final pareceume bo aínda que coidaba que ía ser distinto. Deume pena toda a xente que morreu loitando nas batallas, especialmente Neve. E gustoume moito como actuou Aurora, con valentía e a personaxe de Val.
En resume, “O país adormentado” paréceme un pouco aburrido pero gústame a idea pola que loita a xente nel e como defenden o seu pobo.

O país adormentado

Comentario de Alba Iglesias Lopez

Este libro estivo interesante; ao principio do libro entendín que dous home buscaban a unha rapaza chamada Aurora que sabía un segredo que pouca xente coñecía e que se tiña que encontrar co seu amigo chamado Val. Pero ao adentrarme máis na historia non a comprendín moi ben porque sucedían moitas cousas diferentes, pero o esforzo que fixeron por liberar o pobo do don de non morrer mentras durmían foi moi duro.

O país adormentado

Comentario de Lucía García Rodríguez

Sinceramente este libro non me gustou nada. É complicado de entender posto que ten un montón de nomes raros e palabras das que non coñecía o seu significado e por iso me custou un pouco lelo.
Aurora vive moitas aventuras cos seus compañeiros para reunir todos os Sabuchalar que existen.
Paréceme unha parvada durmir para non morrer posto que podemos morrer de calquera xeito. Como algúns personaxes opinan: ” ninguén escribirá o noso destino nin a nosa historia”, esa frase encantoume.

Comentarios pechados