Menu Xerais

O pazo de Moldes, en Boborás, acollerá o 9 de xuño a entrega dos premios Losada Diéguez a Xosé Benito Reza e Xosé Luís Axeitos

O xornal La Región informa de que a entrega da XXXIII edición dos premios Losada Diéguez se celebrará no pazo de Moldes, no concello de Boborás.

Os galardoados deste ano son: na categoría de creación literaria, Xosé Benito Reza, por Terradentro; e na categoría de investigación e ensaio, Xosé Luís Axeitos Agrelo, por Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía. Ambas as obras foron publicadas por Xerais durante o ano 2017.

A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

 

Deixa un comentario!