O poemario «Raíz da fenda», de Berta Dávila, reedítase por terceira vez en oito meses
O poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, reedítase por terceira vez en oito meses. O poemario de Berta Dávila, que obtivo unhas críticas excelentes, está a ter unha acollida insólita dentro do ámbito da poesía e Xerais puxo xa en marcha a terceira edición, que estará nas librarías en breve.
Raíz da fenda, que recibiu o Premio Johán Carballeira de Poesía convocado polo Concello de Bueu, é, a xuízo do xurado, un «poemario limpo de artificio, carente de adobíos innecesarios», no que destacan «a mensaxe, o ton, a boa estruturación e en defintiva a sensibilidade que amosa».
O poemario de Berta Dávila esculca nas perdas que nos mudan para sempre: a ruptura coa familia e a estirpe para pescudar quen somos, a vivencia da morte dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor.
- Neste enlace pode consultarse toda a información e as recensións críticas sobre Raíz da fenda.
Comentarios pechados