Menu Xerais

«O raposo e a mestra»: a delicia dun conto infantil de Manuel Rivas. Anotación en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O raposo e a mestra, o novo conto infantil de Manuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.

 

 

O raposo e a mestra

Que Manuel Rivas publique un libro sempre é unha boa nova. Que o libro sexa infantil aínda provoca maior delicia. Con ilustracións de Jacobo Fernández Serrano, Manolo Rivas ofrece en O raposo e a mestra, publicado por Xerais, un conto fantástico de homenaxe á natureza, a Galicia (no monte Pindo), á educación…
Imposible non collerlle cariño a este raposo raposeiro que sabe de todo e que ten tantos poderes, que é tan presumido e tan argalleiro, que sabe soñar, e que sabe aprender. Como aprende a mestra con el, porque quen ensina tamén aprende, e amosa a súa eficacia conquistando corazóns. Aínda que sexa con torta de mazá e zapatos de claque!
Chaman a atención, asemade, as ilustracións, que ocupan unha das páxinas a modo de cómic, afastándose das ilustracións tradicionais deste tipo de libros. O ilustrador mesmo nos amosa como é o proceso creador: lapis, tinta, cores.

Deixa un comentario!