Menu Xerais

«O recendo das mimosas», crítica de Xosé Manuel Eyré

O pasado 8 de outubro, Xosé Manuel Eyre publicou no semanario A Nosa Terra unha crítica sobre O recendo das mimosas, o libro de relatos cos que se estrea na colección Narrativa Agustín Agra. Baixo o título de «Agustín Agra e o labirinto da lectura comprometida», Eyré comeza o seu texto salientando que Agra é un autor que dispón os seus textos de forma que a súa lectura suscita no lector unha «lectura comprometida, chámeselle política se quer, antinarcótica, activa».

O recendo das mimosas presentarase hoxe, ás 20:30 horas na Casa de Cultura de Noia.

Comentarios pechados