Menu Xerais

«O recendo das mimosas» no «Faro da Cultura»

Francisco Martínez Bouzas publicou no «Faro da Cultura» do pasado 8 de outubro unha crítica d’ O recendo das mimosas, o libro de relatos de Agustín Agra. Tras repasar a diversidade temática da ducia de relatos, o crítico conclúe que estamos diante dunha «escolma moi heteroxénea e desigual, non exenta de riscos e ousadías formais, como é o caso dun acontecemento narrado por varias voces. E intres ateigados de emoción e creatividade, postos ao servizo da literatura, e comprometidos coa historia e coa verdade.»

Comentarios pechados