Menu Xerais

O roteiro literario en torno á novela «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha cronica sobre o roteiro literario que fixeron cos rapaces e rapazas para seguir o itinerario de Os fillos do mar, acompañados polo autor da novela, Pedro Feijoo.

 

 

Fomos Fillos do mar

O pasado xoves (xa hai unha semana, como pasa o tempo!) fomos a Vigo a encontrarnos con Pedro Feijoo. A nosa viaxe contaba con dúas convidadas de excepción: Eva Aller, unha ex-alumna moi prezada que está a facer as prácticas no centro, e a lectora americana Sarah, un descubrimento marabilloso que se interesa en todo momento pola nosa lingua e a nosa cultura.

Que podemos dicir de Pedro Feijoo? O primeiro que chama a atención é a delicadeza da súa voz, unha dozura envolvente que nos atraeu dende que o coñecemos. Logo, a mirada. Unha mirada cálida, honesta, sincera. E xa, conquistados pola súa escrita e pola súa persoa, veu un día pletórico, cheo de emocións, de conversas, de agarimos. Un día inesquecible e rideiro, onde aprendemos máis de Vigo e da devoción que por esa cidade sente un dos seus habitantes, un percorrido real logo de facer o imaxinario, a sensación de estarmos tamén nós protagonizando o relato que Pedro era quen de contar mentres paseabamos ao seu carón. E a paixón das súas palabras chegou até nós, facendónos partícipes da súa propia emoción lembrando e revivindo vivencias persoais.
Grazas por agasallarnos un día para o recordo.

Deixa un comentario!