Menu Xerais

O silencio contundente e expresivo de Mario Regueira. Crítca de Miguel Sande sobre «O silencio»

Miguel Sande publicou no Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o poemario O silencio, de Mario Regueira.

 

 

A poesía de Marío Regueira

(…)

O silencio, de Mario Regueira, é tamén un poemario moi acertado para esas horas de reflexión, de serenidade; para gañar forza de novo e xenio con eses seus silencios entre versos de peso, de moito peso, con ruído dos conflitos sociais de fondo, das guerras… aí é onde ocupa o seu espazo este silencio. Un silencio de entreguerras, de despois ou máis importante, o silencio que segue ás palabras, no que toman forma as ideas. Silencios como niños. Eses. Feitos co mesmo esforzo, palabra a palabra. Nos que tamén fican as conclusións.

É a deste poemario unha concepción en parte semellante á do Ruído de fondo, de Daniel Salgado, teño para min; máis contundente e expresiva acaso fronte á vontade de suxestión de D. Salgado, candidato tamén ao premio da AELG. (Por certo e aproveito, sorpréndeme que non estean entre as novelas finalistas neste certame da AELG Durk Butterflay, de Rexina Vega, e mesmo a Hora Zulú, de S. Lopo, ambas as dúas con vontade anovadora, con risco, propias deste tempo).

Miguel Sande

Comentarios pechados