Menu Xerais

«O silencio», de Mario Regueira: poemario intenso. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O silencio, de Mario Regueira.

 

O silencio

Por fin, ben tardei en chegar a este poemario de Mario Regueira chamado O silencio e publicado por Xerais. Poemario intenso e diferente cun tema inhóspito e delicado: a guerra. Calquera guerra, ou a Guerra, posto que o libro comeza cun ton épico de vencedor que pode ser calquera resistencia que constrúe futuros que precisarán novas resistencias. Porque o círculo nunha se pecha. Guerras, resistencias, silencios… e volta a comezar. Si, finalizada a guerra vén o silencio. Un silencio que pretende ocultar as consecuencias daquela, como tamén teremos que mirar para o outro lado se non queremos ver o que tamén debe ocultar a resistencia. Nada está limpo, nada nin ninguén está libre de culpa. A manipulación de todos os bandos chegará cedo.

Que implica o silencio? As causas da guerra, a necesidade de resistir, a situación do vencido, o odio que se xera… e que implicará novas guerras. Claro debe quedar que a guerra é consecuencia do imperialismo, e ante isto non debe existir o silencio. Para que todo isto non ocorra, hai unha arma intanxible e inmellorable: o amor.
Impresiona este poemario e paréceme do mellor que teño lido ultimamente.
HAI UNHA GUERRA
Hai unha guerra entre os que din
que neste libro hai unha guerra
e os que din que non a hai.

Comentarios pechados