Menu Xerais

O tesouro da tradición oral: «Galicia Encantada», coordinado por Antonio Reigosa. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, edición de Antonio Reigosa.

 

O tesouro da tradición oral

Hai algúns anos naceu un proxecto na rede creado por Antonio Reigosa que, baixo o epígrafe  “Galicia Encantada”, acolleu e acolle centos de mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos como as chamadas “lendas urbanas”, demostrando pola súa aceptación que a narrativa popular de tradición oral supón un tesouro que cómpre recoñecer e coñecer pois constitúe un imaxinario que é parte, quéirase ou non, do noso propio adn. Aquela enciclopedia virtual preséntase agora en forma de libro que recolle unha atinada e ordenada antoloxía destes documentos, prologados con excelencia polo editor e mais por Xabier P. DoCampo.

Ramón Nicolás

Comentarios pechados