Menu Xerais

O «Tintimán» de Jaureguizar viaxa a Vigo para investigar os galeóns de Rande. Reportaxe de Marta Veiga

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publican unha reportaxe de Marta Veiga sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar,, titulado Amor de serea.

 

O Tintimán de Jaureguizar chega a Vigo cun ollo posto en Lugo

Sae do prelo «Amor de serea», a nova aventura do reporteiro adolescente, quen investigará agora a desaparición dos galeóns de Rande

Jaureguizar tenlle collido o tintimán a iso de pasar pola peneira da cultura popas estruturas clásicas da narrativa e da construción de personaxes. O escritor de Ribadeo presentou en sociedade hai tres anos un reporteiro adolescente que xa ten resolto misterios na catedral de Santiago e na Coruña de pegada antinapoleónica e que se lanza agora á aventura no Vigo que viu afundir galeóns cargados de ouro no estreito de Rande.

Amor de serea. Un misterio para Tintimán en Vigo( Xerais) é nova novela para mozos do tamén redactor de El Progreso Santiago Jaureguizar, que está xa a trazar a liñas mestras para o vindeiro título da serie, cuxa acción atopará acubillo ao abeiro da muralla romana de Lugo.

Tintimán é un adolescente compostelán de 16 anos que se creou unha identidade segreda para asinar reportaxes de investigación no Diario Galego. Nas novelas, o mozo Tintimán é froito dunha familia un pouco innsual e, como personaxe, naceu baixo dous referentes da cultura contemporánea popular: Tintín e Indiana Jones.

Jaureguizar, que desvela que aínda fixo uso esta semana do seu carné da Biblioteca Nodal de Lugo para levar para casa dúas histoetas do rapaz da perrera debuxado por Hergé, trazou un rapazolo tan botado para diante como pouco disciplinado e tan pagado de si mesmo como incapaz de manter a discreción que o seu delicado traballo require.

“Tintimán está levado ao extremo e todos os personaxes, na dramatización, son un pouco caricaturas”, explica o autor. Os aliados que atopa o protagonista responden tamén ao esquema clásico “das novelas de aventaras para mozos”.

Está Mónica, “a rapaza rigorosa e ordenada” que vela pola intendencia diaria de Tintimáne e polas súas investigacións e que será o interese amoroso do heroe, “por moito que Tintimán insista en que non ten moza e se empeñe en ligar con todas as rapazas que atopa”.

É imprescindible Anselmo, o padrastro e profesor de Historia de Tintimán no instituto. É un pouco coma o pai de Indiana Jones, achega sabedoría e a ruin sérveme para aportarlles coñecementos sobre a historia dos lugares aos lectores explica Jaureguizar.

E crucial adoita resultar a concorrencia do gato Señor Grozni, un micho torto que Tintimán herdou do seu pai, reporteiro de guerra morto en Iraq e que fai cousas un pouco inverosímiles, que adoitan ser importantes no curso das investigacións. “Cando o protagonista míralle aos ollos ao seu gato sinte que está telepaticamente conectado co seu proxenitor, percibe que está a recibir un consello do seu pai”, conta o escritor.

Esta panda –á que se podeñan sumar don Anxo, o director do xornal, e Maika, unha fotógrafa moi atractiva– é un grupo como os de Os cinco de Enid Blyton, como os colegas de Scooby Doo ou como El Equipo A comenta o autor.

 

 

Ler ou descargar a reportaxe completa en pdf

 

 

Comentarios pechados