Menu Xerais

O Top 10 de Ramón Nicolás. Os mellores libros do 2013

O crítico Ramón Nicolás publico na revista Biblios. Clube de Lectores unha listaxe co seu Top 10 das mellores novelas do ano 2013. Entre elas, as publicadas por Xerais son as seguintes:

 

1. Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema. Un autor que se incorpora serodiamente ao campo da narrativa galega e que o fai con extraordinaria competencia e, manexando unha oceánica documentación, devolve o gusto pola narrativa de aventuras.

2. A memoria da choiva, de Pedro Feijoo. Pola aposta chea de convicción, afouta e oportuna, que persegue ampliar a base de persoas que se achegan á novela en lingua galega.

4. Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro. Apaixonante escolma do traballo poético de toda unha vida: poesía sen fronteiras, da man do bo criterio e Fran Alonso e da música de Paco Ibáñez.

6. A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo porque, no ronsel dos grandes clásicos das novelas de aventuras, incorpora unha inesquecible homenaxe á propia literatura.

7. Tastarabás, de Antón Cortizas porque talvez sexa o libro máis completo, documentado e fermoso arredor dos brinquedos tradicionais e o seu uso lúdico.

8. Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez. Foi unha fortuna ler un ensaio clarividente e luminoso cunha concepción globalizadora e, sospeito, adiantada ao noso tempo.

 

Comentarios pechados